Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Bases do prodecemento de selección de persoal laboral temporal como responsable da Omix e encargado do Telecentro municipal Novas

Publicación no boletín oficial da Provincia das bases para o procedemento de selecciónde persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego para  responsable da OMIX  e encargado do telecentro municipal.

pdf Bases do prodecemento de selección de persoal laboral temporal como responsable da Omix e encargado do Telecentro municipal (452 KB) .

Ler máis ...

I ENTROIDO VIRTUAL NO CORGO Novas

 

O concello do Corgo organiza o
I CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO VIRTUAIS.
Este ano por mor da pandemia, as festas de entroido que viñamos realizando para o público máis novo do Concello vense suspendidas, mais non así o ánimo e a ilusión que aos nenos e nenas do Corgo lles supoñen estas datas. É por iso, que imos celebrar un concurso de disfruaces virtuais, sen perigros, sen contactos, garantindo a seguridade e mantendo a diversión que propón o entroido.

Poderán parcipar tódolos/as veciños/as empadronados no Corgo dende os 3 ata os 14 anos, empregando calquera método para elaborar o seu disfraz. Esta primeira edición os premios serán individuais, ainda que entre irmáns ou convivientes poderán, baixo a mesma solictude, participar en parella ou grupo.
Existirán tres categorías en función da idade, e en cada categoría haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio. A creatividade, elaboración e traballo serán determinantes na valoración.

  •  Categoría de 3-6 anos.
  • Categoría de 7-10 anos.
  •  Categoría de de 11- 14 anos.

Para participar remitirase ao concello Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 3 fotografías en formato jpg da persoa disfrazada, onde se aprecie ben todo o que queirades destacar. No mesmo correo enviaredes os datos personais e a autorización de participación e dereitos de imaxe. Se non vos fose posible facer a inscripción de xeito telemático, podeis entregala na oficina de información Xuvenil , chamando previamente ao 620731543.
As fotografías quedará a disposición do concello que as poderá exibir ou publicar con fins culturais ou informativos.
Os participantes terán de prazo para inscribirse ata o luns, día 15 de febrero. O xurado dará a coñecer os gañadores o venres día 19, a través da páxina web municipal www.concellodocorgo.com.

A vosa orixinalidade e inxenio…..ten premio!

pdf Inscrición e autorización entroido 2021 (396 KB) pdf
(396 KB)

pdf Premios entroido 2021 (222 KB)

Ler máis ...

O Concello do Corgo vén de contratar un técnico para facer a recolla, transcrición, estudo e clasificación da Literatura Popular de Tradición Oral e do Patrimonio Cultural Inmaterial. Durante os meses de Xaneiro e Febreiro, as liñas mestras do “Proxecto CORGORAL están a ser presentadas á corporación e aos traballadores municipais, aos centros escolares e a diversas asociacións culturais.  Ao longo deste ano 2021 serán feitas numerosas entrevistas aos maiores e ás persoas que gardan os tesouros da nosa rica tradición oral: cancións, contos, lendas, romances, coplas, refráns, adiviñas, oracións, responsos… Tamén se recollerán os coñecementos relacionados cos oficios artesanais (muiñeiros, carpinteiros, pedreiros…), cos nomes da terra (microtoponimia) e coas celebracións comunitarias (festas, romarías…).

Todos os interesados en colaborar con esta iniciativa cultural poden poñerse en contacto con Lois Ladra, no teléfono 676-862-924 de luns a venres de 09:30 a 15:30 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ler máis ...

Páxina 59 de 164

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate