Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas PERIODO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA.
PERIODO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA. Novas
30 Mar

PERIODO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA.

 

 

O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva e inscrición/matrícula para o vindeiro curso 2021/22.

Os prazos de admisión seguindo o  Regulamento  orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:

- Os nenos/as xa  matriculados no curso actual  e que desexen  continuar para o curso 2021/22 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo  entre o día 5 de abril e o 16 abril (ambos inclusive).

pdf RESERVA PRAZA NO PAI (363 KB)  ( Acceder ao impreso pulsando neste enlace)

- As novas solicitudes de admisión (inscrición e matrícula)  atenderánse do 19 de abril  ao 30 de abril (ambos inclusive).

pdf NOVAS INSCRIPCIÓNS MATRÍCULAS NO PAI 2021/22 (404 KB)  ( Acceder ao impreso de solicitude neste enlace).

pdf DECLARACIÓN RESPONSABLE CONFORME CO ESTABLECIDO NO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS 0 (1) (342 KB)

pdf AUTORIZACIÓN ALIMENTOS (P.A.I) (164 KB)

pdf AUTORIZACIÓN USO DE IMAXE PAI O CORGO (285 KB)

 

Posteriormente, a listaxe de admitidos  sairá publicada o 14 de maio na páxina web do concello. 

Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse de 9:00 h a 15:00 horas ás oficinas do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.

 

A dirección do pai.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate