FEIRA DA RUBIA GALEGA E DO CABALO EN ADAI.
O fin de semana do 18 e 19 de xuño terá lugar no recinto feiral de Adai, o XXXV concurso e a XCVII subasta de gando vacún selecto de Raza Rubia Galega ( sábado día 18) e a XXV feira do cabalo (domingo día 19), que contará coa exhibición de doma natural de Santi Serra.
image PROGRAMA FEIRA DA RUBIA GALEGA -ADAI 2022 (387 KB) .
Agardámosvos!
https://arquivo.concellodocorgo.com/index.php/turismo/promocion-turismo/via-kunig/itemlist/user/48-omix.html?start=69#sigProId493fbc7543
CORRECCIÓN DE ERROS NO PROCESO SELECTIVO DE DÚAS PRAZAS DE PERSONAL TÉCNICO Á INFANCIA PARA O PAI
A convocatoria de dúas prazas de Persoal técnico á infancia para o PAI do concello do Corgo saiu publicada no BOE o martes día 31 de maio.
Nas bases que rexen o procedemento establécese erróneamente un prazo de 20 días naturais a partir da publicación no BOP, debendo de sinalar a partires da publicación no BOE, polo que o prazo de presentación de instancias é dende o 1 ao 20 de xuño.
Aquelas que xa a presentaron non é preciso que a volvan a presentar, a non ser que queiran aportar algún documento novo, tal e como se indica no BOP.
pdf Publicación no BOE do anuncio da convocatoria de dúas prazas para o PAI do Corgo. (186 KB)
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á LECTURA DE DOCUMENTOS ANTIGOS
O Concello do Corgo, en colaboración co Arquivo Diocesano de Lugo e através do Proxecto CORGORAL, organiza o primeiro Curso de iniciación á lectura de documentos antigos. Co gallo da celebración internacional do Día Mundial dos Arquivos propoñemos unha achega práctica á lectura e comprensión dos documentos escritos como pouso de outras épocas.
O noso obxectivo é desempolvar eses vellos papeis dunha maneira sinxela: dando as claves para poder lelos e comprendelos. Sepárannos deles o contido (ás veces foros ou arrendamentos, ás veces partixas) e, moitas veces, o tipo de letra. Isto fai que nalgúns casos máis desafortunados, acaben no lixo por non se entenderen. Trátase de introducir aos interesados nese marabilloso mundo da escrita e aprender a valorar o que se agocha nas artesas e nos caixóns das nosas casas.
Impartirase unha primeira achega teórica á paleografía e diplomática antiga, aprendendo a interpretar a linguaxe administrativa, a recoñecer os diferentes tipos de letra e as abraviaturas utilizadas con maior frecuencia. Posteriormente e a través de varios exemplos prácticos, explicarase ao alumnado o mellor xeito de descifrar as vellas escrituras. Podedes traer textos que vos resultan de difícil lectura ou interpretación, para descifrármolos entre todos. O curso é gratuíto, con un total de dez prazas dispoñibles, e terá lugar o xoves 9 de Xuño, de 17:00 a 20:00 horas na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar un correo electrónico antes do día 6 de Xuño, indicando o seu nome, apelidos e teléfono de contacto a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.