Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 
Luns, 22 Agosto 2022 08:39

FESTA DO AVÓ.

 

FESTA DO AVÓ NO CONCELLO DO CORGO .

  • DATA: 7 DE SETEMBRO DE 2022.
  • DESTINATARIO: PERSONAS MAIORES DE 60 ANOS E CÓNXUGUES.
  • APORTACIÓNS: 5 EUROS EMPADRONADOS NO CORGO / 20 EUROS NON EMPADRONADOS.
  • LUGAR: POLIDEPORTIVO DO CORGO.
  • HORARIO: ÁS 13:30 EUCARISTÍA/  14:30 XANTAR.
  • OS VALES ADQUIRIRÁNSE NA CASA DO CONCELLO ATA O DÍA 2 DE SETEMBRO. É OBRIGATORIO PRESENTAR  O CARNÉ DE IDENTIDADE.
  • ACTUACIÓNS MUSICAIS E SESIÓN DE BAILE.
  • SORTEO DE AGASALLOS.

 ANUNCIO :  pdf FESTA DO AVÓ 2022 (187 KB) .

 

O vindeiro luns 22 de Agosto, a biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo, acollerá a partir das 20h unha nova actividade dentro da programación cultural do verán desenvolvida polo Proxecto CORGORAL: trátase dun recital poético a cargo da recoñecida escritora Nieves Neira, quen tamén presentará o seu novo libro.
Nieves Neira traballa no diario El Progreso, onde desenvolve a súa actividade profesional desde hai varios anos. Como autora versátil e polifacética, cultiva varios xéneros literarios, desde o ensaio até a poesía, pasando polo xornalismo. Recibiu o Premio Johán Carballeira e ten publicado os fermosos libros O feitizo de Maruja Roca (2020) e Neve en Agosto (2022).
Durante a súa emotiva e orixinal lectura escénica, Nieves estará acompañada polos máxicos sons de cunchas e cántaros producidos polo virtuoso percusionista Rafa Mallo (batería da coñecida banda de indie rock Triángulo de amor bizarro). Asemade, o acto rematará coa presentación pública do seu último poemario e coa sinatura de exemplares para todas as persoas interesadas en facerse con un exemplar do mesmo.

Mércores, 17 Agosto 2022 10:48

NOVOS LIBROS NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA.

 

 

A biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), situada a carón do Punto de Atención á Infancia e da Casa das Asociacións, é un servizo público e gratuíto inaugurado polo concello a través do Proxecto CORGORAL o pasado 23 de Abril, Día Mundial do Libro.
Actualmente e grazas ás xenerosas doazóns de numerosos particulares e institucións, conta con varios milleiros de exemplares para a súa consulta totalmente libre e de balde, sempre previa solicitude dirixida ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
O Proxecto CORGORAL tamén pretende incentivar o aprezo polos libros entre os corgueses e as corguesas. Así, ademais da campaña de animación á lectura que este verán está a decorrer na piscina municipal, estamos a realizar asemade as xestións necesarias para facer medrar os fondos bibliográficos da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo.
O pasado venres 12 de Agosto, unha pequena delegación corguesa desprazouse ata o concello pontevedrés de Lalín, co propósito de establecer novos vencellos e abrir futuras vías de colaboración cultural co Seminario de Estudos do Deza. Grazas a esta primeira reunión oficial entre os representantes de ambas entidades, produciuse un intercambio de publicacións que veu a enriquecer considerablemente o noso patrimonio bibliográfico. Todos estes libros xa están a disposición da veciñanza para a súa consulta na biblioteca do Punto de Atención á Lectura.

Páxina 15 de 149

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate