Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas NOVOS LIBROS NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA.
NOVOS LIBROS NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA. Novas
17 Ago

NOVOS LIBROS NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA.

 

 

A biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), situada a carón do Punto de Atención á Infancia e da Casa das Asociacións, é un servizo público e gratuíto inaugurado polo concello a través do Proxecto CORGORAL o pasado 23 de Abril, Día Mundial do Libro.
Actualmente e grazas ás xenerosas doazóns de numerosos particulares e institucións, conta con varios milleiros de exemplares para a súa consulta totalmente libre e de balde, sempre previa solicitude dirixida ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
O Proxecto CORGORAL tamén pretende incentivar o aprezo polos libros entre os corgueses e as corguesas. Así, ademais da campaña de animación á lectura que este verán está a decorrer na piscina municipal, estamos a realizar asemade as xestións necesarias para facer medrar os fondos bibliográficos da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo.
O pasado venres 12 de Agosto, unha pequena delegación corguesa desprazouse ata o concello pontevedrés de Lalín, co propósito de establecer novos vencellos e abrir futuras vías de colaboración cultural co Seminario de Estudos do Deza. Grazas a esta primeira reunión oficial entre os representantes de ambas entidades, produciuse un intercambio de publicacións que veu a enriquecer considerablemente o noso patrimonio bibliográfico. Todos estes libros xa están a disposición da veciñanza para a súa consulta na biblioteca do Punto de Atención á Lectura.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate