Vivendas de protección oficial.
O Concello do Corgo está realizando xestións ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivendas de promoción pública no término municipal.
Para acadar este obxectivo cómpre que as persoas interesadas se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, sinalando como preferente O Corgo e indicando o tipo de vivenda e o réxime de adxudicación que desexe.
Na actualidade non hai ningún inscrito no referido rexistro, polo que ao non existir demanda, o IGVS considera que non hai necesidade de construir vivienda protexida no término municipal do Corgo.
A inscrición deberá realizarse na sección segunda do Rexistro de Vivendas, relativo a demandantes de vivendas de protección pública de núcleos rurais e cascos históricos.
No suposto de que a persoa interesada poida acceder a outros tipos de vivenda de promoción pública ou de promoción privada poderá facer inscricións complementarias nas seccións do Rexistro que correspondan.
Para acceder a unha vivenda destas características, a persoa interesada deberá reunir os seguintes requisitos:
• Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Que o solicitante, ou calquera membro da unidade familiar ou de convivencia non sexa propietaria doutra vivenda, excepto nos casos de que resulte inadecuada ou insuficiente nos termos establecidos pola normativa reguladoras das vivendas de promoción pública.
• Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
• Ingresos dos/das adxudicatarios/as:
- Acreditar que os ingresos ponderados anuais correspondentes á unidade familiar se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM
- Ingresos inferiores a 0,7 do IPREM: no suposto de promocións de vivendas para ser adxudicadas en aluguer.
- Se non se superara o 1,5 veces o IPREM, será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento.
- Vivendas situadas en núcleos rurais ou barrio histórico: ingresos ponderados anuais entre 1 e 5,5 veces o IPREM.
Teñen máis información consutltar a páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Convocatoria de probas de avaliación de competencias clave para o ano 2017
RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. Consulta aqui o texto íntegro
Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
A resolución contén os seguintes anexos:
- Anexo I. Solicitude. Procedemento TR306A
- Anexo II. Calendario do procedemento.
- Anexo III. Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade.
- Anexo IV. Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega.
- Anexo V. Validacións das competencias por ter superados estudos regarados.
- Anexo VI. Certificacións de profesionalidade que requiren a competencia en lingua extranxeira.
Lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra), como nas últimas convocatorias. ( Ver artigo nº10 da Resolución)
Recomendacións:
Non se esquezan de asinar a solicitude.
Prégase entregar a solicitude o antes posible.
No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar fotocopia coa solicitude ( ver artigo nº7.a da Resolución)
No caso de cumprimenta as solicitudes a man, prégase claridade nos datos.
No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, só e necesario unha solicitude.
Festival de entroido 2017
O luns, día 27 de febreiro terá lugar o FESTIVAL de entroido para os máis novos/as do concello. Unha festa no CENTRO SOCIOCULTURAL do Corgo que empezará as catro e media da tarde e remata as sete e media. Haberá música, bailes, xogos, desfile, premios e lambetadas para os asistentes. Os menores de catro anos que se acheguen deberán estar en todo momento acompañados dos responsables. A partir desa idade os nenos poden quedar ao coidado do equipo de monitores, asinando a autorización e cumplimentando a ficha de datos persoais.
Recoméndase traer a merenda, xa que se fará un descanso para o tentempé.
¡Esperámosvos!