Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

As oficinas municipais permanecerán pechadas os seguintes días do mes de Maio:

  • Día 12 de Maio, (venres) .-  Por formación do persoal e adaptación dos equipos  en materia de Administración Electrónica.
  • Día 26 de Maio (venres).- Celebración da festividade de Santa Rita, patrona dos funcionarios de Administración Local.

Durante eses dous días non haberá servicio  de atención ao público e as oficinas permanecerán pechadas.

DISCULPEN AS MOLESTIAS.

Malia que os sindicatos e os gandeiros denuncian os problemas que se están derivando da merma de choivas, a Consellería de Medio rural, que está facendo un seguimento exhaustivo,  non ten constancia da existencia de  momentos dificiles, pero ainda así, recomenda a contratación de seguros agrarios para poder afrontar os problemas que se deriven da carencia de precipitacións.

"Insistimos en que diante da falta de choivas, dende a Consellería do Medio Rural sempre incidimos na importancia de contratar os seguros agrarios para poder afrontar estas situacións. No 2017 seguimos destinando recursos para fomentar a contratación deste tipo de pólizas" afirma a Xunta, indicando que o importe do Goberno galego para a contratación de seguros ascende a 4,6 millóns de euros.

O diario  A voz de Galicia publica un artigo onde se recolle este consello para os agricultores, así como as opinións de labregos  e gandeiros galegos. Ler o artigo aqui.

A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ten previsto facer efectivo ao longo deste mes de abril o pago de algo máis de 14 millóns de euros correspondentes á Política Agrícola Común (PAC), máis concretamente ao exercicio de 2016. Estes pagamentos beneficiarán, en conxunto, a case 12.000 agricultores e gandeiros galegos.

A maior parte destes fondos refírense aos chamados pago básico e pago verde (en total suman 9,2 millóns de euros). O primeiro deles ten que ver coa asignación de dereitos que teñen os agricultores e gandeiros e co número de hectáreas declaradas. O pago verde prima o mantemento de pastos, a diversificación de cultivos e as superficies de interese ecolóxico. Cada un dos beneficiarios destes pagos recibirá unha media de 1.400 euros (no caso do pago básico) e de arredor de 690 euros (no que atinxe ao pago verde).

Por provincias, como ven sendo habitual polo seu peso agrogandeiro, a maioría destes fondos son para Lugo (arredor da metade dos 14 millóns de euros). A continuación séguenlle A  Coruña, Ourense e Pontevedra.

O abonamento destas cantidades forma parte da programación do Fondo Galego de Garantía Agraria para o conxunto do periodo 2016-17, que abarca ata o vindeiro mes de xuño.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate