Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

Co obxecto de dar cobertura a postos vacantes na brigada de prevención e defensa contra incendios para o ano 2017, convócanse as seguintes prazas:

- Peón conductor ( 1 praza)

- Xefe de brigada ( 1 praza)

Por outra banda, co obxecto de dar cobertura a posibles baixas nos postos de peón de incendios, seleccionarase tamén candidatos para formación de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.

Os candidatos deberán superar os exercicios específicos establecidos na base quinta das bases aprobadas por resolución da alcaldía de 18/05/2016 e publicadas no Bop de Lugo de 27/05/2016. As bases están publicadas na páxina web do concello  www.concellodocorgo.com

O prazo de presentación de instancias será de 4 días hábiles (excluídos os sábados) a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no diario El Progreso.

Lugar de presentación: Rexistro do Concello do Corgo.

Requisitos específicos para cada posto de traballo: os establecidos na base 4ª das referidas bases.

Tódolos candidatos que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionados para cubrir unha praza, quedarán integrados na bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.

pdf Bases brigadas de incendios e tratamento preventivo con tractor desbrozadora (466 KB) .

 

Publicación no Boletín Provincial de Lugo das bases para o procedemento selectivo de persoal laboral temporal ao abeiro do convenio coa Excma. Deputación Provincial de Lugo para a execución de obras, servicios e creación de emprego ( Programa DEPUEMPREGO).

pdf BASES SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PALISTA (DEPUEMPREGO) (731 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate