Co obxecto de dar cobertura a postos vacantes na brigada de prevención e defensa contra incendios para o ano 2017, convócanse as seguintes prazas:
- Peón conductor ( 1 praza)
- Xefe de brigada ( 1 praza)
Por outra banda, co obxecto de dar cobertura a posibles baixas nos postos de peón de incendios, seleccionarase tamén candidatos para formación de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.
Os candidatos deberán superar os exercicios específicos establecidos na base quinta das bases aprobadas por resolución da alcaldía de 18/05/2016 e publicadas no Bop de Lugo de 27/05/2016. As bases están publicadas na páxina web do concello www.concellodocorgo.com
O prazo de presentación de instancias será de 4 días hábiles (excluídos os sábados) a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no diario El Progreso.
Lugar de presentación: Rexistro do Concello do Corgo.
Requisitos específicos para cada posto de traballo: os establecidos na base 4ª das referidas bases.
Tódolos candidatos que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionados para cubrir unha praza, quedarán integrados na bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.
pdf Bases brigadas de incendios e tratamento preventivo con tractor desbrozadora (466 KB) .