Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

 

Publicación no Bop de Lugo número 115 das bases que rexerán o procedemento de seleccion de persoal laboral temporal e creación de bolsa de emprego ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural, para a realización de tratamenntos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal con tractor, e actuación de Brigadas de prevención e defensa contra incendios.

pdf Bases do procedemento de selección de persoal e formación de bolsa de emprego para DOUS PEÓNS DE APOIO, para tratamentos preventivos con tractor - BRIGADAS DE INCENDIOS (301 KB) .

 

 

Publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 115 as bases para o procedemento de selección de  persoal laboral temporal e formación dunha bolsa de emprego para UN PEÓN, que contratará o Concello do Corgo ao abeiro do Plan único de Cooperación cos concellos 2020, para a execución de obras, servizos e creación de emprego; programa FOMENTO DO EMPREGO.

pdf BASES PARA A SELECCIÓN DUN PEON- PLAN UNICO DE COOPERACIÓN 2020 (308 KB) .

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a área municipal de cultura publica, en colaboración coa Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo e coa revista Lvcensia, un documento histórico, coas bases programáticas do actual proceso de salvagarda do noso Patrimonio Cultural Inmaterial: “O Proxecto CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo”. Esta publicación será distribuída gratuitamente entre os membros da comunidade escolar corguesa e tamén estará dispoñible en formato PDF para a súa descarga directa na nosa páxina web a partir do mércores 26 de maio. Todas aquelas persoas e institucións interesadas en recibir esta publicación e que queiran colaborar coa iniciativa cultural poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por outra banda, ao longo da Semana das Letras Galegas será dado a coñecer o nome do alumno ou alumna do CEIP Plurilingüe do Corgo gañador ou gañadora do concurso de diseño do logotipo oficial do proxecto e procederase á entrega de agasallos a todos os escolares que participaron coa achega de diferentes propostas.

Páxina 52 de 149

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate