O Concello do Corgo, coa colaboración do Centro Sociocultural e do Proxecto CORGORAL, presenta publicamente o seu novo portal dixital na rede. O acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de Novembro a partir das 19:30h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), xunto ao Punto de Atención á Infancia (PAI).
Desta volta será o especialista Antonio Giz quen explique detalladamente a todas as persoas interesadas a renovada imaxe do rostro público do concello na rede, así coma o futuro funcionamento básico da mesma, con todos os seus apartados renovados e con novos recursos multimedia.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños e veciñas a participar neste evento, contribuíndo coas súas achegas a mellorar o deseño e a accesibilidade telemática á administración municipal. Será presentada unha versión piloto que incluirá novos elementos dixitais, coa idea de poñela a andar definitivamente coa maior brevidade posible.