Durante a mañá de hoxe, venres 27, estívose levando a cabo tareas de limpeza e desinfección da área do Centro de Saúde do Corgo, co apoio e colaboración do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Intenifícanse as labores neste contorno por ser unha das zonas públicas con maior risco de contaxio se o houbera. Estas labores repetiranse cada tres días.
Así mesmo, recibironse lotes de EPIS (mascarillas e luvas principalmente) dende a Xunta de Galicia, para garantir a protección do persoal de axuda no fogar que se atopa en maior risco de infección e contaxio. Dende o Concello xa se fixeran ao inicio do estado de alarma distintas xestión para dotar aos traballadores de estes equipamentos de protección individual .