O martes, día 15 de marzo, tivo lugar no Centro Sociocultural do Corgo o primeiro envío da recollida solidaria dos veciños do Corgo e arredores, que con boa fé e unha grande dose de humanidade e comprensión, empatizaron coa situación do pobo Ucraíno colaborando dun xeito moi activo nesta campaña iniciada dende os Servicios Sociais municipais.
A campaña mantense aberta a espera de poder continuar facendo novos envíos, xa que os ucraínos seguerán necesitados de todos os productos básicos que lles podamos facer chegar, polo que continuarase recollendo no mesmo horario e lugar.
Agradecendo a todos os veciños implicados nesta iniciativa solidaria, a Carmen Lence de Leite Río de Galicia, que colaborou coa donación un palet de leite, e a tódolos traballadores e voluntari@s que fixeron posible que esta primeira recollida fose tan satisfactoria e poidera reflexar a compasión e benevolencia da nosa xente.
Grazas!
Lémbrase que a campaña non rematou, e que seguirase traballando para enviar todo o apoio e auxilio posible aos ucraínos. Contamos con vós!
https://arquivo.concellodocorgo.com/index.php/concello/actualidade2/actualidade.html?start=90#sigProId1c77dfd0b7
pdf BANDO SOLIDARIO: AXUDA PARA UCRAÍNA. (303 KB)
De todos é coñecida a actual crise humanitaria provocada pola invasión rusa no territorio de Ucraína, que está provocando miles de mortos, feridos, éxodos masivos a paises limítirofes, ademais de incontables danos materiais en vivendas, infraestructuras, servizos básicos, etc. , o que está deixando unha fonda impronta na población civil, especialmente nen@s, anciáns, e persoas desfavorecidas.
No Concello do Corgo non somos alleos a esta grave problemática e tampouco queremos permanecer impasibles ante a situación actual e vindeira, polo que, adoitamos unha iniciativa de colaboración co pobo ucraíno mediante a:
"CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SUBMINISTROS BÁSICOS"
que comprenderá, fundamentalmente, e segundo se desprende da información que nos facilitaron diversas fontes:
- Alimentos non perecedeiros ou de longa duración que non precisen de elaboración, en envases irrompibles, do tipo: conservas diversas, embutidos, marmeladas, aceites, leite, auga, zumes, etc.
- Productos hixiénico-sanitarios e alimentos destinados especialmente á poboación infantil: cueiros, toalliñas húmidas, roupa infantil de abrigo (debidamente empaquetada), calzado , biberóns e papillas (só en envases de plástico), etc.
- Medicamentos e produtos farmacéuticos de uso xeral: paracetamol, ibuprofeno, vendaxes, antisépticos, etc.
Animámosvos dende o Concello do Corgo a participar tod@s de maneira activa na presente campaña mediante as vosas contribucións persoais, que nos podedes facer chegar ao Centro Sociocultural do Concello do Corgo sito a carón do Centro de Día,nos horarios:
- de luns a venres, de 10:00 a 13:30.
- martes e xoves, de 16:30 a 19:30 .
Tentaremos mantervos informados periódicamente da evolución desta iniciativa solidaria da cal seremos tod@s partícipes.
- O Sábado día 26 no Pavillón Municipal do Corgo terá lugar a FESTA DE ENTROIDO , a partir das 16:30 horas e ata as 20:00 horas.
- Xogos, distintos inchables, música, baile, animación e moita festa!!
- Premios aos disfraces máis creativos e orixinais, con distintas categorías: de 3/6 anos, de 7/10 anos e de 11/14 anos. Inscricións no pavillón a partir das 16:30
- Coa actuación ás 18:00 horas da A.C. Legua Dereita do Corgo.
- Haberá lambetadas e chocolate con churros de balde para os disfrazados.