Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Publicación de AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS. Novas

O mércores día 19 de xaneiro do 2022 saiu publicada  no DOG a resolución do Instituto  Galego de Estudos do Territorio sobre as axudas para actuacións de correccións de impactos paisaxísticos  destinadas a persoas físicas propietarias do inmoble, ben ou terreo sobre o que se pretende realizar as actuacións.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES.

Poderán ser obxecto de  subvecións as acutacións que teñan por obxecto  a corrección de impactos paisaxísticos, en concerto:

  • Revestimento  e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións constructivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrilo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
  • Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpinterías ou cerrallerías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou  a intensidade da actual cor de acabamento.
  • Remate ou renovacón do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con  pranchas de fibrocemento ou solucións constructivas  non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado  de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.
  • Revestimento de muros de cerramento  de predios realizados con  ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.
  • Recuperación, restauración  ou arranxo  de muros de pedra tradicionais, co  obxecto de  evitar o potencial impacto  paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce  o seu mal estado de conservación.

Quedan excluídas de forma expresa as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de  limpeza.  Os materiais e as cores que se empreguen deberán de adaptarse  aos criterios da Guía de cor e material de Galicia.

O importe da axuda será do 70% do orzamento  do investimento  subvencionable, co límite máximo de 3.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación  da seguinte Resolución no DOG.

pdf AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS (826 KB)

Ler máis ...

Programación de Nadal 2021. Novas

          

  • CAMPAMENTO DE NADAL. Os días 27, 28, 29, 30 de Decembro, en horario de 9:00 a 15:00 horas, no Centro Sociocultural do Corgo. Programa de Conciliación da vida familiar e laboral. Programa gratuito, para nenos/as de 3 a 12 anos. Máximo 20 participantes.Inscricións no Centro Sociocultual ou a través dos teléfonos 982302377 ou no 620731543  (de 9.00 a 13.00 h) 

 

  • Sesión de CONTACONTOS "FLIPA CO NADAL". da compañía BANDULLO AZUL, espectáculo subvencionado polo Departamento de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Día 27 NO CENTRO SOCIOCULTUAL ÁS 12:00 HORAS.

 

  • XORNADA EN XUVENLUGO, no Pazo de Feiras de Lugo. DIA 3 de xaneiro. Retirada de entradas no Centro Sociocultural ata o día 30, ou reservando no 620731543. Prezo da entrada 2 euros por persoa.

 

  • OS REIS MAGOS DE ORIENTE sorprenderán aos nenos e nenas do Corgo chamándoos aos seus fogares a través dunha videochamada. Para poder recibila hai que anotarse na web www.nadalocorgo.com  a partir do día 15 e ata o 31 de decembro. Máis info no 639317255.                                                                                                                                                                                                                                                                                 FELICES FESTAS

 

   

              

                      

Ler máis ...

Páxina 32 de 164

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate