ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.171 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I; cun total de 8.198 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:
– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas.
– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.
– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.
– Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.
– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
Convocatoria de subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior.
A Secretaría Xeral da Emigración publica no Dog do 17 de decembro do 2015 o anuncio onde se regulan e convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior. Trátase dun programa de viaxes a Galicia que permite a persoas emigrantes galegas, maiores de 65 anos, viaxar a Galicia cun custo reducido, para estreitaren os vínculos coas súas familias residentes aqui.
Os beneficiarios terán que reunir as características que se citan no artigo 1, como ser emigrante galega, ter mínimo 65 anos, non haber participado nos últimos cinco anos en programas de viaxes desta Secretaría Xeral, levar alomeno 10 anos no extranxeiro, contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade para que residan con eles durante a súa estadía en Galicia, etc.
As persoas participantes poderán permanecer coas súas familias en Galicia ata completaren un período máximo de 3 meses, e serán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivados da súa estadía en Galicia.
A condición de persoa beneficiaria quedará supeditada ao compromiso de acollida da familia da persoa solicitante residente en Galicia e ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión. A Secretaría Xeral da Emigración poderá verificar estes aspectos en calquera momento.
No artigo 4 regúlanase o número de prazas por país : Venezuela, Cuba, Arxentina, Brasil, Uruguai e outros paises.As datas de realización serán, preferentemente, a finais do mes de xuño.
O prazo de presentación das solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de febreiro de 2016.