Campamentos da Xunta De Galicia. Xovenes de 9 a 17 anos.
Públicase no DOG do 8 de abril a oferta de prazas para a campaña de verán baixo a orde do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.
Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2016 que se detalla no anexo I desta orde.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web: www.xuventude.net.
Entre os servizos que se ofertan están : Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. Aloxamento en albergue, residencia xuvenil ou campamento. Manutención en réximen de pensión completa, material para as actividadades, profesionais especializados para desenvolverlas, atención sanitaria e seguro de accidentes, etc.
A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
En canto as idades dos participantes cabe destacar que:
- Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
- Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Campos de traballo. Xovenes de 18 a 30 anos.
O día 22 de abril ábrese o prazo para a inscrición nos campos de traballo da Xunta de Galicia. Nesta oferta destacan iniciativas culturais e etnográficas, ambientais, de construcción e restauración, de dinamización social con temáticas relacionadas coa formación lingüística e co turismo, sociais e arqueolóxicas.
As localidadeas galegas elixidas son Boqueixón, Rois, Melide, A Coruña, Ourense, Celanova e Vigo.
Noutras comunidades autónomas terán lugar na Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias,Cantabria, Castilla a Mancha, Castilla León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, País Vasco e Valencia.
Tamén se ofertan prazas no extranxeiro.
Aos voluntarios ofréceselles:
- Un proxecto sempre de dimensión social, na procura da mellora ambiental do noso contorno, da convivencia entre as persoas, dun mellor desenvolvemento e integración das discapacidades, dun maior coñecemento da nosa cultur e a nosa realidade.
- Un equipo humano que os/as acollerá e lles axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.
- Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
- Un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
- Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
- Un seguro de accidentes e responsabilidade civil.
A raíz de que os operadores de móvil están ofrecendo servizos 4G ( co que se permite acadar conexión de moi alta velocidade, mellorala cobertura nos edificios e conseguir unha maior amplitude nas zonas rurais),e como estes servizos móviles 4G usarán a frecuencia 800MHz ( antes empregada pola televisión dixital terrestre TDT) a sinal de TV podería verse afectada por interferencias (sobre todo nas proximidades ás estacións que emiten a sinal de telefonía móvil).
Para solucionar este posible problema, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo aprobou a Orde IET/329/2015, do 26 de febreiro, na que se establecen actuación que deben realizar os operadores (Orange, Telefónica e Vodafone) nas instalación de recepción de televisión, para garantir que non se vexan afectadas ás condicións de recepción do servizo de televisión.
Como actuación preventiva, os cidadáns que residan nas zonas con máis posibilidade de afectación recibirán una comunicación no seu domicilio coa que se lles informa de cómo solicitar de xeito totalmente gratuito a adaptación da antena para evitar interferencias e seguir recibindo os canais de televisión en condicións de calidade.
Na maior parte dos casos a intervención consistirá na colocación dun filtro na instalación de recepción de televisión (antena), de xeito preventivo antes do encendido das estacións 4G. Todas as actuacións técnicas e necesarias que se realicen sen coste para os cidadans.
Para a xestión e execución destas accións os operadores contrataron a empresa ELECNOR, baixo a marca “Llega 800”, que será a encargada de solucionar calquera afectación que xurda na recepción da sinal do TDT, causada polas emisións de 4G.
O telefóno habilitado para a atención do usuario é o 900833999, con carácter gratuito.
A páxina web para solicitar a resolución das afectacións para restablecer o servizo TDT é www.llega800.es
A Xunta de Goberno Local deste Concello, na súa sesión do día 25 de febreiro de 2016, aprobou inicialmente o “Proxecto de urbanización en desenvolvemento do plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico” promovido por PINDOVAL E HIJOS, S.L.
O anuncio publícase no diario provincial " El Progreso" o 27 de febreiro, e no Boletín Oficial da Provincia do dia 7 de marzo, (Bop nº54 ), e a partir do día seguinte a ésta notificación ábrese un prazo para a información pública de 20 días.