Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Publicación no Boletín oficial da Provincia das Bases que rexirán o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda nofogar, complementaria da constituída en xullo do  2016.

pdf Bases que rexirán o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, complementaria da bolsa constituída en xullo do 2016. Modelo de instancia e temario. (345 KB)

As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/92 do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, (en sucesivas mencións Lei 30/92), no seu artigo 38, no prazo de cinco (5) as hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Bolen Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día de prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Se no prazo de 2 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo. No caso de presentar a solicitude noutro lugar ou por outro medio, o interesado deberá acreditar o dito envío, remitindo o mesmo día copia da solicitude e do xustificante do pago da taxa ao fax 982302068 ou por mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso.

As solicitudes poderanse remitir, así mesmo, na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Ler máis ...

Comida de fraternidade para os maiores de 60 anos empadroados no Concello do Corgo e os seus cónxuxes.

Celébrarase o día 6 de setembro do 2017, mércores, no Polideportivo do Colexio do Corgo.

PREZO:

  • 5 € para as persoas empadroadas no Corgo, maiores de 60 anos.
  • 15 € para as persoas non empadroadas no Corgo maiores de 60 anos.

HORARIOS:

  • 13:30h.   Eucaristía.
  • 14:30h.   Comida.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Actuación dun dúo musical, baile..
  • Sorteo de agasallos, etc..

NOTA:  AS TARXETAS retiránse no Concello do Corgo ata o día 4 de setembro (luns) en horario de 10:00h. a 14:00h. É imprescindible a presentación da tarxeta para acudir á comida.

Ler máis ...

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate