A xunta suspende os permisos de queimas polas condicións metereolóxicas, evaluando os indicadores que marcan o risco de incendios e as dificultades que se produzcan para controlalo en caso de producirse. Tamén quedasn suspendidos os permisos que foran concedidos con anterioridade para estas labores, de xeito que dende as 00:00 horas do sábado as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de permiso ata novo aviso.
Dende a Consellería de Medio Rural destacan que a partir do sábado e ata nova comunicación non se permitirá o uso de lume para ningunha actividade agrícola ou forestal particular.
Recórdase tamén que o cidadán ten a súa disposición o teléfono gratuito 085 ao que chamar en caso de detectar algún incendio forestal.