Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL . PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL .  PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Novas
09 Xan

PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL . PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O  Xoves día 16 de Xaneiro,  ás 13:30 horas no Centro sociocultural do Corgo, preséntase o programa  PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO,destinado a contribuír a mellora da empregabilidade no rural mediante a formación consistente na financiación dos custos directos en  materia de autoemprego e creación de empresas, así coma na formación específica en materias de sectores concretos: hostalería e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente.

Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na  formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún  concello dos participantes definidos no  Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

  * Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOS no momento da solicitude. 

 * Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA  XUVENIL.

 * Os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida deben estar  EMPADROADOS durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios recollidos no Anexo I- LISTAXE DE CONCELLOS desta convocatoria.

  * Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da  Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.

 FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

        * Presentación telemática a través da sede electronica    http://sede.deputacionlugo.org

        * Presentación en papel: descargando a documentación que se atopa  na web  e na sede electrónica  da  Deputación de Lugo.

        PRAZO: 17/12/2019 AO 20/01/2020

 

DOCUMENTACIÓN XERAL.

        * Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. “Genérate tu empleo en el rural” Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
        * DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
        * C.V actualizado.
        * Certificado de empadroamento a data da solicitude.
        * Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de  garantía xuvenil.
        * Anexo II – Declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado.
        * Anexo III - Autorización para actuar como representante a efectos  da solicitude, de ser o caso.

      * Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo.

       * Certificado da conta bancaria onde conste como titular o  solicitante.

Durante a formación de 4 semanas, percibirán 14€ por día, e no periodo de prácticas en empresas, de 8 meses, un soldo mensual como mínimo de 900€

Para máis información ou dúbidas podedes poñervos en contacto   a través do 982.260.204  e no enderezo electrónico agenciadecolocación@deputacionlugo.org

Bases do programa en arquivo adxunto deste anuncio.

  

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate