Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a área municipal de cultura publica, en colaboración coa Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo e coa revista Lvcensia, un documento histórico, coas bases programáticas do actual proceso de salvagarda do noso Patrimonio Cultural Inmaterial: “O Proxecto CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo”. Esta publicación será distribuída gratuitamente entre os membros da comunidade escolar corguesa e tamén estará dispoñible en formato PDF para a súa descarga directa na nosa páxina web a partir do mércores 26 de maio. Todas aquelas persoas e institucións interesadas en recibir esta publicación e que queiran colaborar coa iniciativa cultural poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Por outra banda, ao longo da Semana das Letras Galegas será dado a coñecer o nome do alumno ou alumna do CEIP Plurilingüe do Corgo gañador ou gañadora do concurso de diseño do logotipo oficial do proxecto e procederase á entrega de agasallos a todos os escolares que participaron coa achega de diferentes propostas.