Situada sobre o río Chamoso, trátase dunha ponte de posible orixe romana, construída en cantería e dun só arco de medio punto alombado. Os peitorís que se ven na actualidade, do século XX, son de formigón. Por este punto pasaría a vía XIX que comunicaba Lugo con Astorga
Na parroquia de S. Xoán de Cela, atopamos unha fermosa área recreativa presidido pola ponte medieval de sillería de granito, que con catro arcadas de medio punto cruza o río Neira no antigo camiño entre Portomarín e Lugo. Hoxe en día úsase para o paso rodado, despois de algunha modificación. O aspecto primitivo foi lixeiramente alterado coa construcción de ménsulas e barandilla para ensanchalo para uso de vehículos.
Dende esta ponte arranca o LIC Miño-Neira, un espacio de gran riqueza ecolóxica que comprende ata a desembocadura do río Neira.
Punto importante para o ocio (área recreativa, pesca fluvial..) e a gastronomía( anguilas)