01 Mai

Ponte Neira

Na parroquia de S. Xoán de Cela, atopamos unha fermosa área recreativa presidido pola ponte medieval de sillería  de granito, que con catro arcadas de medio punto  cruza o río Neira  no antigo camiño entre Portomarín e Lugo.  Hoxe en día úsase para  o paso rodado, despois de  algunha modificación. O aspecto primitivo foi lixeiramente alterado  coa construcción de ménsulas  e barandilla para ensanchalo para uso de vehículos.

Dende esta ponte arranca o LIC Miño-Neira, un espacio de gran riqueza ecolóxica que comprende ata a desembocadura do río Neira.

 Punto importante para o ocio (área recreativa, pesca fluvial..) e a gastronomía( anguilas)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate