Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Publicación de AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS.
Publicación de AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS. Novas
21 Xan

Publicación de AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS.

O mércores día 19 de xaneiro do 2022 saiu publicada  no DOG a resolución do Instituto  Galego de Estudos do Territorio sobre as axudas para actuacións de correccións de impactos paisaxísticos  destinadas a persoas físicas propietarias do inmoble, ben ou terreo sobre o que se pretende realizar as actuacións.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES.

Poderán ser obxecto de  subvecións as acutacións que teñan por obxecto  a corrección de impactos paisaxísticos, en concerto:

  • Revestimento  e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións constructivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrilo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
  • Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpinterías ou cerrallerías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou  a intensidade da actual cor de acabamento.
  • Remate ou renovacón do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con  pranchas de fibrocemento ou solucións constructivas  non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado  de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.
  • Revestimento de muros de cerramento  de predios realizados con  ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.
  • Recuperación, restauración  ou arranxo  de muros de pedra tradicionais, co  obxecto de  evitar o potencial impacto  paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce  o seu mal estado de conservación.

Quedan excluídas de forma expresa as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de  limpeza.  Os materiais e as cores que se empreguen deberán de adaptarse  aos criterios da Guía de cor e material de Galicia.

O importe da axuda será do 70% do orzamento  do investimento  subvencionable, co límite máximo de 3.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación  da seguinte Resolución no DOG.

pdf AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS (826 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate