Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Actividades Culturais OMIX

Actividades Culturais

 No Centro Sociocultural do Corgo teñen lugar tanto actividades propostas dende o Concello como actividades das distintas asociacións, que poderán utilizar este local previa solicitude de autorización de uso.

 

  Horarios centro sociocultural

  Solicitude uso instalacións

Martes, 13 Decembro 2022 15:57

Presentación do refraneiro tradicional

 

 

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e grazas ao traballo participativo desenvolvido en colaboración co alumnado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI Ramón Piñeiro, presenta a publicación monográfica que recolle a edición especial do refraneiro tradicional do Corgo.
O acto público e totalmente gratuíto, terá lugar o vindeiro sábado 17, a partir das 18:30 na biblioteca do PALCO (Punto de Atención á Lectura do Corgo). Trátase da primeira recolla sistemática efectuada no concello, contendo máis de catrocentos refráns. Todas as persoas que asistan á presentación levarán de balde cadanseu exemplar.
A xornada completarase con varias actividades mais, no ámbito do programa da XVI edición do Certame Literario Terras de Chamoso: apertura musical a cargo da A. C. A Legua Dereita, entrega de premios, recitado das poesías gañadoras e actuación do cuarteto vocal Son de Corda, seguido polas Cegas de Ouselle.

Vinde a compartir un agradable serán! Contamos coa vosa presenza!

Páxina 4 de 149

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate