Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

O Concello do Corgo preselecciona un TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL. Os candidatos deberán contar cos requisitos de titulación establecidos na Orde do 29 de decembro do 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, é dicir:

-      Título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao ou

-      Título universitario de enxeñeira/o técnico, diplomado/a universitario, arquitecta/o técnico ou grao.

Ademáis establécese un baremo de puntuación, que é o establecido no Artigo 10.2 da citada Orde, e que se facilitará nestas oficinas municipais, xunto coa forma de acreditar os méritos, ou a través da páxina web www.concellodocorgo.com.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de participación nesta preselección no Rexistro do Concello do Corgo durante o prazo de 8 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Diario El Progreso, achegando xunto coa mesma un currículum vitae acreditando da maneira establecida os méritos que se alegan.

Finalmente, unha vez preseleccionado/a o candidato/a, será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral quen realice a baremación final do técnico/a preseleccionado.

pdf INSTANCIA PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL. (155 KB)

pdf BAREMO DE PUNTUACIÓN PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL (242 KB)

 

 

 

Dende a Asociación de mulleres Empresarias da provincia de Lugo, ( AELU) e a Asociación E-deid@des para a integración laboral e social da muller, estase levando a cabo un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia para as mulleres da provincia de Lugo baixo dúas liñas de acción:

- Mulleres desempregadas en búsqueda de emprego 3.0

- Mulleres emprendedoras que queiran emprender.

Estas asociacións loitan pola inclusión da muller  no mundo laboral dende un emprendemento responsable, potenciando o autoemprego, polo que este proxecto ofrece entre outros puntos, orientación, información, motivación, adquisición de habilidades socio-laborais para poder competir no mundo laboral, ...

De xuntarse dez mulleres interesadas, poderíase levar a cabo  esta proposta no propio concello, sen necesidade de desprazarse a Lugo, que  é a outra alternativa.

Para máis información, podeis poñervos en contacto  con AEULU, ( Avd. da Coruña, 500,1ª planta Edif. CEI-NODUS)  nos teléfonos 982226991-655947735-982200455 ou en www.empresariaslugo.org

 

 

Luns, 18 Xullo 2016 11:06

Romaria folk no río Chamoso

Celebración da XIII edición da festa na praia fluvial do río Chamoso. Congregación de música folk e baile tradicional galego, artesanía, a malla do Corgo, e exposición de maquinaria agrícola clasica. Actividades para os nenos, batuxada no Chamoso e acampada libre. Peche cunha queimada.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate