Servizo de Orientación laboral do Corgo.
O Concello do Corgo conta cun SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL, dirixido a todas aquelas persoas que se atopen na busca de emprego ou desexen mellorar a súa situación laboral.
CONTACTO:
- Centro Sociocultural: 982 302 377 / 982 302 100
- Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
SE QUERES ESTAR INFORMADO/A DE TÓDALAS NOVIDADES EN MATERIA DE FORMACIÓN E EMPREGO, SÍGUENOS NO FACEBOOK:
Orientación laboral O Corgo, Láncara e Triacastela
Campaña de prevención do cancro de mama.
Campaña de detección do cancro de mama do Servizo Galego de Saude. Se a súa idade está entre os 50 e 69 anos, o Programa galego de detección precoz do cancro de mama ofrécelle a posibilidade de realizar unha mamografía de cribado gratuíta cada dous anos.
Henrique Casanova, fillo adoptivo do Corgo.
Na mañá do sábado, un de outubro, o Concello do Corgo convoca un pleno extraordinario para nomear a Henrique Casanova, a título póstumo, fillo adoptivo do Corgo. A solemnidade e respeto con que foi acollido o acto por un pleno populoso reforza e enfatiza o orgullo que se sente en momentos coma este.
Quique non era nado no Corgo, pero dende que afincou no Val de Gomeán soupo achegarse á xente e ser coñecido e recoñecido ben pola súa labor profesional, política ou social. Mostra diso foi a acollida que tivo tanto a sesión plenaria na Casa do Concello coma no acto homenaxe que se lle rendiu na parroquia de Manán San Cosme. Alí amigos, familiares, compañeiros, veciños e camaradas lembraron a través de mensaxes, cartas, poemas e imaxes a este axente forestal que soubo calar entre os do seu redor. Verbas coma honesto, comprometido, traballador, xeneroso, humillde..salpicaban os discursos que na súa memoria lle adicaron na xa bautizada Praza de X. Henrique Casanova.
Ao igual que as letras talladas na praca de cerámica que o nomea, nun cachiño do Corgo, nun fermoso entorno de Manán, as pegadas deste político e axente forestal, do loitador sindical , do home comprometido coa vida social e cultural do municipio, permanecerán gravadas no acordo dos que alí xe xuntaron..