Consulta pública: prezos da piscina municipal .
Próxima a apertura da piscina municipal, e de conformidade co establecido no Art. 41 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, (en adiante TRLFL), o concello está a estudiar o establecemento dun prezo público pola prestación do servizo de piscina municipal, socorristas e uso de vestiarios.
A prestación patrimonial que se pretende establecer, non se comprende dentro do concepto de taxa, tributo regulado no Art. 20.1 do TRLFL.
Con esta posible medida preténdese, a lo menos, cubrir en parte os custos do funcionamento da piscina municipal (16 de xuño a 16 de setembro), cuxo custe ronda os trinta mil euros.
O concello pretende establecer un prezo mínimo de 1 euro por día de utilización, establecendo bonos de 7 euros e 12 euros, para 15 e 30 días de baños, respectivamente.
Aínda que o establecemento de prezos públicos non segue o procedemento de elaboración das ordenanzas fiscais (Art. 15 a 19), nin dos regulamentos xerais, senón que abondará cun acordo do órgano competente, previa instrucción do corrrespondente procedemento, sométese a consulta pública, a través do portal web deste concello, para recabar a opinión pública.
O prazo para emitir a opinión remata o día 6 de abril deste ano.
As opinión deberán presentarse no Rexistro de entrada municipal de 9:00 a 14:00 horas.
Prodemento selectivo de formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar
O martes, día 13 de marzo, publícase no diario EL PROGRESO de Lugo o anuncio do procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar.
Esta convocatoria rexerase polas pdf Bases do procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, complementaria da bolsa constituída en xullo do 2016 (345 KB) publicadas no Bop de Lugo nº 192, do 22 de agosto do 2017.
Consulta o anuncio . pdf Procedemento selectivo para formación de bolsa de emprego axuda no fogar. Marzo_2018 (354 KB) .
Os interesados en participar neste procedemento selectivo presentarán instancia no Concello no prazo de 5 días hábilies a partir do día seguinte á publicación deste anunio.
Solicitude de prazas na Casa niño KikÍ.
O prazo de prescripción para solicitar praza na CASA NIÑO KIKÍ do Corgo para o ano 2018/2019 abrirase do 1 ao 31 de abril.
Os interesados poden recoller o impreso para realizar a solicitude tanto na casa niño como nas oficinas municipais.