Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 
Venres, 15 Xuño 2018 06:00

Apertura da piscina municipal do Corgo.

Apertura de instalacións na Praia Fluvial Río Chamoso ( O Corgo)

Tempada 2018

DATAS  15 DE XUÑO A 15 DE SETEMBRO
 HORARIO   DE 12:00 A 20:00 H.
 PREZO

2 € DIARIO.

OS MENORES DE 5 ANOS TERÁN ENTRADA GRATUITA , SEMPRE QUE VAIAN ACOMPAÑADOS DUN ADULTO, ATA UN MÁXIMO DE TRES NENOS/AS POR ACOMPAÑANTE.

 BONOS

 -15 DIAS  : 7 €

 -30 DÍAS : 12€

OS BONOS PODERÁN ADQUIRIRSE NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU NO CENTRO SOCIOCULTURAL (OMIX)

Venres, 08 Xuño 2018 18:19

XIII FEIRA DO CABALO DE ADAI

XXIII FEIRA DO CABALO DE ADAI DOMINGO 24 DE XUÑO DE 2018 ADAI – O CORGO (LUGO)

Programa de actividades:

09.30h. - Apertura do recinto feiral.

10:00h -13:30 Entrega de agasallo de benvida ós cabaleiros.

11.00h.- Inscripcións na mesa do xurado para os concurso Morfolóxicos para cabalos e eguas de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G” ,maiores de tres anos e cabalos e eguas cruzados.

11.30 h.-. Concurso Morfolóxico para cabalos de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.00h.- Concurso Morfolóxico de eguas de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.30h.-Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados. Maiores de tres anos.

13.00 h.- Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas. Maiores de tres anos.

13,30 HORAS.- EXHIBICION DE DOMA CON CABALOS DE PURA RAZA GALEGA DA ASOCIACION PURA RAZA CABALO GALEGO E ENTREGA DE TROFEOS E PREMIOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS.

Premios en cada categoría participante:

1º PREMIO.- 115 €+trofeo ou escarapela.

2º PREMIO.- 80 € + trofeo ou escarapela.

3º PREMIO.- 60 € + trofeo ou escarapela.

4º PREMIO.- 30 € + trofeo ou escarapela

17,00 A 18,00 HORAS.- GRAN EXHIBICIÓN DE DOMA DE ALTA ESCOLA, DOMA CLÁSICA, FANTASÍAS ECUESTRES E DOMA EN LIBERDADE CON MANUEL PIÑON, PAULA FEIJOO, TONI CABO E IRENE HERNANDEZ

“ACTUACIÓN DA CHARANGA DGT”

Nota importante- É obrigatorio recoller o premio có cabalo ou egua gañador/a do mesmo. De non ser así, non se entregará. Os premios indicados no cartel da feira estipulados para cada categoría en concurso, pagaránse mediante transferencia bancaria e aplicaráselles a retención do IRPF establecida pola Axencia Tributaria en cumplimento das obrigas fiscais. Do mesmo xeito aplicaráselle dita retención aos xuíces e demáis persoal colaborador. (Todos os participantes deberán facilitar o número de conta bancaria).

document Bases e normas de participación na feira cabalar e nos concursos morfolóxicos. Adai 2018 (15 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate