Feira da Rubia galega e do cabalo en Adai.
FEIRA DE GANDO DE RAZA RUBIA GALEGA .- PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
XXXII Concurso Nacional
XCI Subasta Nacional.
22 xuño 2019- Adai, o CORGO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES| XXIV Feira do Cabalo de Adai
10:00 h | Apertura da feira cabalar. Entrega dun agasallo a todos os participantes ata acabar existencias e por riguroso orde de chegada á feira.
11:00 h | Inscripcións na mesa do xurado para os concursos Morfolóxicos de cabalos e eguas de Pura Raza Galega puntuables para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.”, e inscripcións concurso cabalos e eguas cruzados.
11:30 h | Concurso Morfolóxico de cabalos de Pura Raza Galega puntuable para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.” (maiores de tres anos).
12:00 h | Concurso Morfolóxico de eguas de Pura Raza Galega puntuable para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.” (maiores de tres anos).
12:30 h | Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados (maiores de tres anos).
13:00 h | Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas (maiores de tres anos).
13:30 h | Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da
Asociación Pura Raza Cabalo Galego e entrega de trofeos e premios dos Concursos Morfolóxicos.
Premios en cada categoría participante:
1º PREMIO | 115 € + trofeo + escarapela
2º PREMIO | 80 € + trofeo + escarapela
3º PREMIO | 60 € + trofeo + escarapela
4º PREMIO | 30 € + trofeo + escarapela
17:00 - 18:00 h | ESPECTÁCULO ECUESTRE DE DOMA DE ALTA ESCOLA, DOMA VAQUERA, FANTASÍAS ECUESTRES E EXERCICIOS CON PONIS A CARGO DA COMPAÑÍA “SOÑANDO A CABALO” DE PONTEVEDRA.
23 xuño 2019 Adai, o CORGO
pdf
NORMAS DE PARTICIPACION NA FEIRA CABALAR E NOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS
(47 KB)
AS DÚAS XORNADAS ESTARÁN AMENIZADAS POLA CHARANGA “ A CABEZA NON PARA” DE SOUTOMAIOR (PONTEVEDRA)
Parabéns Benedicta.
A pesares de que nunca antes se puxera diante dunha cámara, Benedicta Sanchez, veciña deste concello, brila como unha actriz profesional, como si toda a súa vida estivese adicada aos rodaxes. Simpatía, naturalidade, frescura, espontaneidade, e certo don innanto, fan que esta muller cause admiración e seña merecedora de todo tipo de eloxios e congratulacións trala súa aparición na película rodada nos Ancares. " O que arde" de Oliver Laxe.
Benedicta, como ela dí, estes días cambiou a aixada que emprega no Corgo por photocalls no festival de Cannes onde sorprendeu improvisando unha muiñeira na alfombra vermella, amosando unha vez máis a súa campechanía e o arraigo á súa terra.
A súa recente "carreira" non só foi recoñecida en Cannes, onde recibiu un premio polo xurado, xa que acaba de ser distinguida coa medalla Castelao.
Orgullosos destes recoñecementos, dente o teu concello con moita satisfación, unímonos a tódalas mensaxes de felicitacións Benedicta. Parabéns.
Acto homenaxe a D. Darío Diaz Castroverde- Díaz e a Domingo Fontán.
O concello do Corgo convida a tódolos veciños á asistencia á Homenaxe a título póstumo ao ex alcalde Darío Díaz-Castroverde e ao xeógrafo Domingo Fontán, acto que terá lugar o sábado ás 12:30 co descubrimento de pracas cos seus nomes en dúas rúas sitas a carón da N-VI (cruce do centro de saúde) que se acordou adicarlles.
Actuará a Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo.