A pesares de que nunca antes se puxera diante dunha cámara, Benedicta Sanchez, veciña deste concello, brila como unha actriz profesional, como si toda a súa vida estivese adicada aos rodaxes. Simpatía, naturalidade, frescura, espontaneidade, e certo don innanto, fan que esta muller cause admiración e seña merecedora de todo tipo de eloxios e congratulacións trala súa aparición na película rodada nos Ancares. " O que arde" de Oliver Laxe.
Benedicta, como ela dí, estes días cambiou a aixada que emprega no Corgo por photocalls no festival de Cannes onde sorprendeu improvisando unha muiñeira na alfombra vermella, amosando unha vez máis a súa campechanía e o arraigo á súa terra.
A súa recente "carreira" non só foi recoñecida en Cannes, onde recibiu un premio polo xurado, xa que acaba de ser distinguida coa medalla Castelao.
Orgullosos destes recoñecementos, dente o teu concello con moita satisfación, unímonos a tódalas mensaxes de felicitacións Benedicta. Parabéns.