Listado definitivo do proceso selectivo dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL. Composicición do tribunal e data do exame.
pdf Listado definitivo proceso selectivo dun/ha traballador/a social. (196 KB) Composición do tribunal e data do exame.
XV Certame literario "Terras de Chamoso"
A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2021 acada a súa décimo quinta edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).
Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 26 de novembro de 2021. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 18 de decembro de 2021 no Centro Sociocultural do Corgo (se as condicións epidemiolóxicas o permiten).
Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).
Listado provisional de admitidos e excluídos no procedemento de selección dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL.
Publicación do listado provisional do procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación dunha bolsa de emprego dun posto de TRABALLADOR/A SOCIAL.