Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas XV Certame literario "Terras de Chamoso"
XV Certame literario "Terras de Chamoso" Novas
22 Out

XV Certame literario "Terras de Chamoso"

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2021 acada a súa décimo quinta edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 26 de novembro de 2021. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 18 de decembro de 2021 no Centro Sociocultural do Corgo (se as condicións epidemiolóxicas o permiten).

Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).

 Asociación Cultural Arumes do Corgo

www.arumescorgo.blogspot.com

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate