Santalla de Quinte
Igrexa románica, a dúas augas, totalmente renovada no século XIX. No interior, retablo e imaxes do século XVI. A porta sur ten unha pedra alintelada decorada con cinco triángulos e debuxos de cruces, círculos e cuñas. Foi restaurada no 1983 polos veciños. Apareceron pinturas do século XVI e unha lápida de sepultura cristiá.
San Miguel de Lapio
Da antiga igrexa románica só queda un arco triunfal nunha igruexa dunha nave con capela e sacristía no lateral norte.
Garda unha Virxe con neno dos s. XVI-XVII.
Igrexa de Santiago de Adai
Do S. XIX (1890). Exemplo de Igrexa moderna, situada no alto do pobo.
Ten nave a dúas augas e planta de cruz latina e púlpito de pedra