Igrexa románica, a dúas augas, totalmente renovada no século XIX. No interior, retablo e imaxes do século XVI. A porta sur ten unha pedra alintelada decorada con cinco triángulos e debuxos de cruces, círculos e cuñas. Foi restaurada no 1983 polos veciños. Apareceron pinturas do século XVI e unha lápida de sepultura cristiá.
21Novembro2024