pdf CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. Popular
Por OMIX 3733 descargas
Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2016, cuxa corrección de erros foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio de 2016, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:
«Estas axudas concederánselles aos agricultores que cumpran os requisitos para ser beneficiarios e as condicións de elixibilidade, co obxectivo de compensar as perdas de ingresos e os custos adicionais derivados das desvantaxes provocadas polas limitacións de distinta natureza que afrontan as explotacións agrarias nas zonas de montaña e noutras zonas con limitacións naturais distintas das de montaña».