Vostede está aquí: Inicio Subir Documentación Cidadán Axudas ORDE do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a prórroga das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e r

pdf ORDE do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a prórroga das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e r Popular

Por 3166 descargas

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión da prórroga das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal 2013-2016, código de procedemento VI432A.

Poderán beneficiarse desta prórroga aquelas persoas que obtivesen unha subvención ao abeiro da Resolución do 7 de xaneiro de 2015 pola que se convocaron as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal 2013-2016, e que gozasen desta axuda ata o 31 de decembro de 2016, así como aqueloutras persoas ás cales se lles recoñecese con posterioridade unha prórroga desta axuda en virtude da Orde do 18 de xullo de 2016. Será preciso que nun e noutro caso non perdesen o seu dereito ao cobramento da axuda mediante a oportuna resolución.

A solicitude da prórroga deberá realizarse dentro dos 30 días naturais seguintes ao da publicación da correspondente resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde. Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate