pdf Ordenanza reguladora da taxa polo servizo de subministro de auga domiciliaria Popular
Por O Corgo En Ordenanzas 3734 descargas
ordenanza reguladora da taxa polo servizo e subministro de auga domiciliaria ( Texto refundido).pdf
A ordenanza reguladora da taxa polo servizo e subministro de auga domiciliaria foi aprobada xunto co regulamento do servizo, polo Pleno do Concello o 28 de xullo do 2006, e publicada no BOP da provincia o 10 de Novembro do 2006. A ordenanza consta de 11 artigos, unha disposición adicional e unha final. O Regulamento desenvólvese en seis títulos con trinta e cinco artigos.
A primeira modificación que sufre é aprobada polo Pleno o 29 de decembro do mesmo ano, e modifica os artigos 6.1, 6.2,  (producindo un cambio nos periodos temporais de consumo, que pasan a ser de trimestrais a semestrais, e polo tanto tamén a cota) e o art. 7.2 ( polo mesmo motivo). Publícase no BOP do 19 de xaneiro do 2007. 
Posto  que no art. 6 da ordenanza só se recollían as "augas entroncadas á rede municipal con captación no río Tórdea", o Pleno acorda o 27 de novembro do 2008 facer unha nova modificación que se publica no BOP do 20 de marzo do 2009, coa que se introduce outro apartado no devandito artigo, o 6.3, e que contempla os entronques a outras redes xerais municipais que non teñan a súa captación no río Tórdea.
 A derradeira modificación afecta ao artigo 6.4, adoptada por acordo do Pleno do 5 de marzo de 2015 e publica da no BOP do 11 de abril do mesmo ano, e recolle  os novos custos dos entronques. 
 Obteña toda a información necesaria sobre o noso municipio
Obteña toda a información necesaria sobre o noso municipio 
 