Vostede está aquí: Inicio Documentación Orden do 4 de xullo do 2016

pdf Orden do 4 de xullo do 2016 Popular

Por En Novas para os agricultores 3203 descargas

ORDEN do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016

No prazo máximo dos tres días seguintes á produción do dano, as persoas propietarias dos cultivos afectados deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate