Vostede está aquí: Inicio Memoria do Corgo Novidades

Proxecto CORGORAL

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. É por iso que na páxina web do concello habilitamos unha pestana específica na que iremos dando a coñecer unha parte destas recollas: tradicións, contos, lendas, historias... Tamén recuperaremos imaxes, textos e cantigas: fotografías antigas, publicacións sobre O Corgo, prensa escolar... Vellos oficios, festividades cíclicas anuais,  romarías, procesións... E pouco a pouco, de vagar pero sen folganza, iremos creando toda unha ampla e pormenorizada cartografía cultural corguesa.

A área municipal de cultura presenta as bases da proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral do Concello do Corgo. O texto, elaborado polo antropólogo Lois Ladra, foi incluído no último número da revista Lvcensia, presentado onte na Aula Magna do Seminario Diocesano de Lugo. O acto público foi realizado con aforo limitado e seguindo estrictos protocolos sanitarios. O documento, que servirá de referente para a salvagarda do noso Patrimonio Cultural Inmaterial, leva por título: “O Proxecto CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo” e xa se pode descargar na páxina web do concello. Aproveitamos para lembrar a todas aquelas persoas interesadas en recibir esta publicación e que queiran colaborar coa iniciativa cultural poden poñerse en contacto connosco no teléfono 676-862-924, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por outra banda, ao longo dos vindeiros días será dado a coñecer púbicamente o resultado do Concurso de debuxo escolar para a escolla do logotipo do Proxecto CORGORAL, realizado entre os escolares do ensino primario do CEIP Plurilingüe do Corgo.

pdf PROXECTO CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo (1.09 MB)

Publicado en Novas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a área municipal de cultura publica, en colaboración coa Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo e coa revista Lvcensia, un documento histórico, coas bases programáticas do actual proceso de salvagarda do noso Patrimonio Cultural Inmaterial: “O Proxecto CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo”. Esta publicación será distribuída gratuitamente entre os membros da comunidade escolar corguesa e tamén estará dispoñible en formato PDF para a súa descarga directa na nosa páxina web a partir do mércores 26 de maio. Todas aquelas persoas e institucións interesadas en recibir esta publicación e que queiran colaborar coa iniciativa cultural poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por outra banda, ao longo da Semana das Letras Galegas será dado a coñecer o nome do alumno ou alumna do CEIP Plurilingüe do Corgo gañador ou gañadora do concurso de diseño do logotipo oficial do proxecto e procederase á entrega de agasallos a todos os escolares que participaron coa achega de diferentes propostas.

Publicado en Novas

 

 

A Asociación Galega de Antropoloxía AGANTRO celebrou en formato telemático o pasado venres 23 de Abril o IV Congreso Galego de Antropoloxía, baixo o lema “Da Xeración Nós á Nova Antropoloxía Galega”. Participaron nesta sesión telemática máis de corenta especialistas, dos que unha ducia presentaron diversas experiencias e proxectos de investigación. E o Concello do Corgo estivo representado neste congreso coa comunicación do antropólogo Lois Ladra titulada “O Proxecto CORGORAL: documentar o Patrimonio Cultural Inmaterial en tempos de pandemia”. O que se pretendeu neste primeiro encontro internacional no que foi presentado nun foro científico o Proxecto CORGORAL foi amosar a grande riqueza patrimonial do municipio corgués e a súa enorme potencialidade como base territorial para o desenvolvemento dun proxecto cultural pioneiro no ámbito municipal galego. Aproveitamos para lembrar a todos os interesados que queiran colaborar con esta iniciativa que poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, de luns a venres, de 09:00 a 17:30 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

pdf PROXECTO CORGORAL NO PROGRAMA IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA (82 KB)

Publicado en Novas
Páxina 2 de 3

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate