Vostede está aquí: Inicio Memoria do Corgo Imaxes Historia do Corgo en imaxes Escudo do Pazo do Corgo

Imaxes antigas do concello do Corgo

De todos é ben sabido que unha imaxe vale mais que mil palabras: fotografías, mapas, debuxos... E moitas veces as imaxes antigas son o único soporte gráfico que nos resta de cousas e persoas que xa non están connosco. Moita xente descoñece que unha das primeiras persoas que fotografou o Corgo foi a viaxeira estadounidense Ruth Matilda Anderson, hai case que cen anos. Desde aquela data e ata hoxe, moitos foron os que retrataron persoas e paisaxes corguesas. Algúns exemplos podedes visualizalos nesta ligazón
A través desas imaxes podemos ver como eran as persoas, as roupas que vestían, os traballos que facían, as festas nas que se divertían, os monumentos desaparecidos... todo un mundo en constante mudanza, do que convén recompilar, estudar e salvagardar o que poidamos. Porque así ficarán accesibles para todos as imaxes do que fomos e do que somos.
No Proxecto CORGORAL tentaremos ir dixitalizando e subindo a este portal aquelas fotografías que os particulares e as institucións nos queiran ceder libremente e que teñan interese para todos os corgueses e os que nos queiran coñecer mellor. Comezamos as entregas con unha escolma de algunhas das instantáneas que nos foron amablemente cedidas por José Luís López Díaz, de Vilapene (Santo André de Chamoso).

Escudo do Pazo do Corgo

Escudo do Pazo do Corgo
9 years ago

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate