Publicación das listas de admitidos, tribunal, lugar, data e horas das probas para o proceso de selección dun palista.
Faise pública a lista de admitidos ao proceso selectivo de contratación dun palista, así como as datas e lugar das probas e composición do tribunal.
Listado definitivo de participantes admitidos, lugar, data e hora do primeiro exercicio común do proceso de selección de persoal de Brigadas de incendios
Publicación do listado de aspirantes admitidos para participar no proceso de selección de persoal laboral temporal para as brigadas de incendios :
- Peón conductor de brigadas
- Xefe de brigadas.
- Peón forestal de brigadas.
Proceso selectivo de persoal para brigadas de incendios e formación de bolsa de emprego.
Co obxecto de dar cobertura a postos vacantes na brigada de prevención e defensa contra incendios para o ano 2017, convócanse as seguintes prazas:
- Peón conductor ( 1 praza)
- Xefe de brigada ( 1 praza)
Por outra banda, co obxecto de dar cobertura a posibles baixas nos postos de peón de incendios, seleccionarase tamén candidatos para formación de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.
Os candidatos deberán superar os exercicios específicos establecidos na base quinta das bases aprobadas por resolución da alcaldía de 18/05/2016 e publicadas no Bop de Lugo de 27/05/2016. As bases están publicadas na páxina web do concello www.concellodocorgo.com
O prazo de presentación de instancias será de 4 días hábiles (excluídos os sábados) a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no diario El Progreso.
Lugar de presentación: Rexistro do Concello do Corgo.
Requisitos específicos para cada posto de traballo: os establecidos na base 4ª das referidas bases.
Tódolos candidatos que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionados para cubrir unha praza, quedarán integrados na bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.
pdf Bases brigadas de incendios e tratamento preventivo con tractor desbrozadora (466 KB) .