Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas TEATRO NO CORGO.
TEATRO NO CORGO. Novas
07 Nov

TEATRO NO CORGO.

 

 

A través dos Circuitos de Teatro afeccionado da Vicepresidencia da  Deputación Provincial de Lugo, no concello do Corgo preséntanse as seguintes actuacións nos meses de novembro e decembro:

-"VIVAN OS NOIVOS" (A ADALA) SÁBADO 12 DE NOVEMBRO  ás 20:30 HORAS, no LOCAL SOCIAL DE CELA (organiza a AA.VV. Ponte de Neira).

Sipnose: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seus respectivos maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos decidne levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes só pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro. Finalmeante como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia par agozar xunos dos sues aforros e vivir plenamente o seu amor.

-"A TORTILLA E A PESTE" (NOVA ESCENA). SÁBADO 19 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS , no CENTRO SOCIOCULTUARAL DO CORGO.

Sipnose:  Cinco mulleres contan a súa experiencia durante o periodo do confinamento. A privación do contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no "axis mundi" dos pesonaxes ligados á realidade a través do fío da tecnoloxía.

-" A MORTE MORRIDA" (O CENTIÑO). SÁBADO 3 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS NO LOCAL SOCIAL DE CELA ( organiza a AA.VV. Ponte de Neira).

Sipnose: Crispin ven de xubilarse no banco. O tempo comeza a facérselle interminable ao non ter nada que facer. Deprímese. A súa muller, Benilde, ten que soportar o seu desánimo. Finalmente Crispín remata convencéndose de que vai morrer. Prepara o seu enterrro con todos os seus detalles. NIn a súa dona, nin Reigosa, o seu amigo, nin o médico, nin o cura, nin a súa amiga Manolita, conseguen convencelo. Crispín quere morrer decentemente, pero de morte morrida.

-"CONTOS" (CHINCIRIBOTE). SÁBADO 10 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS NA ESCOLA ANTIGA DE ADAI. ( organiza a AA.VV. DE ADAI)

 Sipnose: Unha historia a carón do lume mentres o caldo ferve. Cantas historias non se contarían e contan ao quentiño da cociña. Unha familia estrambótica e realista que na súa vida  cotiá vai atopando situacións extremas que só o lume pode solucionar. A quen no lle fai ben botar un conto??

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate