Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.
Serán, en total, 10.827 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego. O prazo de presentación solicitudeso abrirase dende o mércores 18 de maio. Prazo de solicitude: Sete días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
A solicitude poderá ser individual ou múltiple, no caso de irmáns, e farase por vía electrónica coa Chave 365 ou certificado dixital ou ben poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, sempre empregando o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).
Prazas nos campamentos de Galicia.
Prazas reservadas a inclusión.
Anexo II para solicitude INDIVIDUAL.