A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2019 acada a súa décimo terceira edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).
Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 29 de novembro de 2019. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 21 de decembro de 2019 no Centro Sociocultural do Corgo.
Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil.