Con motivo da celebración do Día do maior, o venres día 4, o Centro de Día do Corgo organiza unha charla con Benedicta Sánchez, veciña deste concello e personaxe de idade que alcanza fama coa súa interpretación na película O QUE ARDE. Benedicta contará a súa experiencia tanto a usuarios do Centro de Día como aos que se acheguen ao Centro Sociocultural do Corgo ás 16:00 horas.
O acto contará coa actuación da Asociación Legua Dereita do Corgo. Será unha xornada pública, convidando a asistir a tódolos que o desexen.
Ao remate haberá unha merenda.