Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Consulta Pública: regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia.
Consulta Pública: regulamento  de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia. Novas
11 Mar

Consulta Pública: regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia.

De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo  Común das Administracións Públicas, ábrese un período de consulta pública, a través do portal web deste concello, co fin de recabar a  opinión dos veciños e das organizacións máis representativas que puideran resultar afectados polo novo servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI).

A necesidade e oportunidade desta regulación vén esixida polas características do novo servizo que atenderá a nenos de entre 0 e 3 anos, co fin de conciliar a vida familiar e laboral.

O obxectivo da norma é de que o novo centro asistencial conte cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos usuarios.

A regulación a través dunha norma regulamentaria vén esixida no apartado 4, letra c) do Art. 20 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo  que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

Así mesmo, preténdese a regulación do prezo público pola prestación do referido servizo.

O prazo de presentación  de opinións extenderase durante un prazo de a15 días hábiles, a contar desde o día 12 deste mes.

O Corgo, 10 de marzo do  2019.

O Alcalde,

José Antonio Ferreiro González.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate