SABADO, 20 DE OUTUBRO DE 2018
INSCRICIÓN: ata o xoves, día 18 de outubro ás 14:00 h. Hai que realizar as inscricións a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo: http://www.carreirasgalegas.com/
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos (parque infantil).
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio coa compañía de seguros que corresponda).
PREMIOS
- Pitufos: proba non competitiva, non haberá clasificacións. Todos os participantes levarán unha medalla conmemorativa. Camisetas para todos.
- Promoción: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro clasificados de cada sexo, e medalla conmemorativa para o resto de participantes. Camisetas para todos.
- Dende Sub 12 ata Sub 18: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para todos.
- Dende Sub 20/23 ata Veteranos (carreira absoluta): trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para os 150 primeiros.
- Carreira absoluta (5300 m):
- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
- Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
- Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade.
- Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo (correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; teléfono: 626 73 93 90; sitio web: http://arumescorgo.blogspot.com).
-
Colabora economicamente: Concello do Corgo.
-
Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
-
Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno...