Con motivo da adhesión á campaña denominada En negro contra as violencias, que trata de denunciar e visibilizar o rexeitamento hacia a violencia machista, na que no 2017 forman parte 75 concellos galegos, coa implicación de veciños, asociacións, establecementos comerciais, axentes sociais, etc,o venres, día 24, levaráse a cabo no CEIP Plurilingüe unha sesión informativa e formativa para os nenos e nenas do colexio, con charlas, xogos de roles, dinámicas de grupos, etc.. Ao remate, ás 13:00 h terá lugar a lectura do manifesto en contra das violencias na casa do Concello. Será un acto público polo que se convida a todo aquel que o desexe a asistir e compartir uns minutos de solidaridade.
21Novembro2024