Do 23 de outubro ao 29 de decembro pónse en marcha a campaña de vacinación fronte o virus da gripe.
Dirixido especialmente a:
- Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos.
- Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros deatención a crónicos).
- Embarazadas.
- Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.
- Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco (definidas na instrución).
- Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.
- Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
- Persoas que traballan en institucións pechadas.
- Persoas que proporcionan coidados a pacientes de risco.
- Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade.
- Traballadores expostos directamente ás aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.