Prazos previstos:
- IVTM 2017 prazo previsto do 20 de abril ao 20 de xuño.
- IBI e IAE 2017 prazo previsto do 15 de setembro ao 15 de decembro.
- Taxa recollida lixo e subministro de auga: segundo a xestión do servizo.
As datas poderán ser modificadas por circunstancias alleas á vontade da Deputación Provincial ou do Concello, segundo o caso.
As solicitudes de domiciliación bancaria dirixiranse ao órgano de recadación correspondente ao menos dous meses antes do comezo do período de cobro. Noutro caso, a comunicación xurdirá efecto a partir do período seguinte. (ARTIGO 25 DO RD 939/2005, DO 29 DE XULLO, REGULAMENTO XERAL DE RECADACIÓN).
A comunicación oficial do período de pagamento realizarase mediante “anuncios de cobranza” de conformidade co establecido no artigo 24 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, e publicaranse no BOP, oficinas do concello e Deputación, así como na páxina web.